Galiziatik elkartasuna!

MANIFESTO

Ekaitz Samaniego, novo gasteiztarra de 21 anos, está en risco de ser detido desde que o Tribunal Supremo fixo pública a súa condena a 8 anos de cárcere: 2 acusado da rotura dunha catenaria e 6 pola acusación de ser membro de Segi. Un xuízo e un castigo políticos, xa que é ser activo politicamente ou manifestar as súas inquietudes para coa sociedade o que levará a Ekaitz ao cárcere.

Somos conscientes de que a situación de Ekaitz non é illada. Son centos as persoas que están en prisión como consecuencia da súa actividade política, que decidiron abandonar a súa casa para eludir o castigo ou que están na rúa á espera de xuízo. Estamos oíndo unha e outra vez que se está abrindo un novo tempo político, que se abre a posibilidade de construír un futuro diferente en Euskal Herria, con outros medios. Con todo, 128 persoas atópanse nas celas do Estado español pola súa militancia política. 23 persoas viven nas rúas de Gasteiz co peso do xuízo pendente.

Hai, hoxe en día, persoas que sofren ameazas e seguimentos policiais, e novos gasteiztarras incluídos nas denominadas listas negras, como consecuencia das últimas detencións. Estas situacións están demasiado esquecidas e silenciadas nas axendas mediáticas. Pero non podemos caer na desesperanza, nin ante o caso de Ekaitz nin ante os que chegarán despois. Porque, non tiña que ocorrer nunca pero, como é posible que no actual contexto político Ekaitz e centos de persoas máis paguen con cárcere a súa militancia política? Teriamos que estar falando de como é posible que aínda hoxe centos de persoas estean cumprindo penas de cárcere como consecuencia dos xuízos políticos, e tamén do día e a hora da súa excarceración. E con todo, atopámonos con actuacións que están enchendo cada vez máis as cárcles.

A conculcación das liberdades elementais non é un problema que afecte só á esquerda abertzale ou a quen queren un pobo vasco autodeterminado. Aféctanos a todas as persoas que queremos cambiar o modelo social imperante, xa que a golpe de criminalizaciones e leis pretenden enmudecer toda crítica. Que facer ante isto? Seguir pondo en práctica os nosos dereitos, e organizar a denuncia e solidariedade para coas persoas que sofren represión por exercer os seus dereitos. Porque queremos que os nosos dereitos civís e políticos estean garantidos.

En relación a todo isto, quen asinamos este texto reclamamos:

– Que se suspendan todos os xuízos políticos.

– Derrogación da lexislación de excepción que conculca os dereitos civís e políticos.

– Liberdade inmediata para as persoas procesadas pola súa actividade política. 

Ademais, adherímonos á manifestación convocada para apoiar a Ekaitz e responder a esta situación.  31 de decembro, ás 19:00 desde a Igrexa dos Angeles.

http://fogagaliza.blogspot.com/

Advertisements

Iruzkin bat utzi

Uncategorized atalean

Utzi erantzun bat

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Aldatu )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Aldatu )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Aldatu )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Aldatu )

w

Connecting to %s